Boas familias,
Imos a realizar unha actividade para que os nenos/as comprendan mellor o paso do tempo: representaremos os días, os meses, as estacións, o ano enteiro e así poder entender o calendario (poderemos marcar os aniversarios de toda a familia, o Nadal, o fin de curso e así contar cantos días nos quedan para ese día tan especial que estamos desexando que chegue).
Animádesvos?
Imos a realizar unha Cadea Anual inspiración Montessori!
Que precisamos?
- 365 pinzas de madeira
-Un cordel
-12 Washi-tape (cintas decorativas) ou pinturas para pintar as pinzas.
- 4 tiras de tela para representar: a primavera, o verán, o outono e o inverno.
-tesoiras
Este sería o resultado:
- Déixovos un enlace e un vídeo :
https://rejuega.com/juego-aprendizaje/juego-educativo/como-hacer-una-cadena-anual-inspiracion-montessori/

Ningún comentario:
Publicar un comentario